pastoril

pastoril

(< pastor)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos pastores ou á vida dos pastores.

    Sinónimos: pastoral.
  2. xénero pastoril [LIT]

    Xénero literario que se caracteriza pola idealización da vida pastoril e, en xeral, da vida labrega. Na poesía ten o seu comezo e logra o máximo desenvolvemento nas letras clásicas grecolatinas. A prosa pastoral cultivada por Longus culmina, durante o Renacemento, coa Arcadia de Sannazaro. O xénero entrou en decadencia a principios do s XVII.

Palabras veciñas

pastoreo | Pastori, Luis | pastoricense | pastoril | pastoriña | Pastoriza | Pastoriza