pata
-
s
f
-
Pé e perna dos animais.
-
Pé ou perna das persoas.
-
-
s
f
Cada unha das pezas dun moble que o mantén en pé e en equilibrio, e que lle serve de punto de apoio sobre o chan.
-
s
f
[TECNOL]
Terminal metálica de diversos compoñentes electrónicos de semicondutores, como transistores e circuítos integrados, que permiten fixar o compoñente sobre a placa do circuíto impreso e establecer as conexións eléctricas coas pistas.
-
pata de cabra
-
Peza de buxo empregada polos zapateiros para alisar e puír os tacos do calzado.
-
Barra de ferro cos extremos planos e curvados en forma de uña que se usa para arrincar cravos ou como panca.
-
-
pata de galiña
[PROTISTA]
Alga parda que presenta unha gran variabilidade, tanto no tamaño como na forma. Posúe unha consistencia de membranosa a cartilaxinosa, axilas redondeadas, ápices truncados e na superficie das ramas aparecen as estruturas reprodutoras con forma de avultamentos redondeados. Vive fixada por un disco, do que saen varios estípites estreitos que progresivamente se ensanchan e se dividen varias veces por dicotomía, nos rochedos das costas expostas, dándolle a estes lugares un áspecto característico. Desta alga extráese o carragheen.
-
pata de galo
Engurras diversas que, cos anos, se forman ao lado do ángulo externo dos ollos.
-
pata de ganso
[ANAT]
Conxunto aponeurótico que está constituído polos tendóns inferiores do recto interno da coxa, o sartorio e o semitendinoso.
Frases feitas
-
A pata. A pé.
-
A pata coxa. Saltar sobre un pé.
-
Andar a catro patas. Andar de gatiñas.
-
Mala pata. Mala sorte.
-
Meter a pata. Equivocarse.
-
Pata de banco. Expresión absurda e anacrónica.
-
Patas arriba. Estar algo en desorde.