patear

patear

(< pata)

  1. v i

    Bater cos pés no chan con forza como mostra de enfado, desgusto ou desaprobación de algo.

    Ex: O público pateou porque a función non daba comezado.

  2. v i

    Dar couces un animal.

    Ex: Teñen unha vaca que patea e non se deixa munguir.

  3. v i

    Axitar as pernas de xeito violento e sen control.

    Ex: O rapaz choraba e pateaba enriba da cama.

  4. v i

    Camiñar durante moito tempo.

    Ex: Dóenme moito as pernas porque pateei toda a mañá.

  5. v t

    Golpear a algo ou a alguén cos pés ou coas patas.

    Ex: O teu neno pateou os outros compañeiros no colexio.

  6. v t

    Percorrer un ou varios lugares con algún fin, principalmente para realizar tarefas ou dilixencias.

    Ex: Pateou toda a rúa para comprar un xersei.

Palabras veciñas

paté | pateado -da | pateadura | patear | pateca | patefa | patego
Conxugar
VERBO patear
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pateo
pateas
patea
pateamos
pateades
patean
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pateaba
pateabas
pateaba
pateabamos
pateabades
pateaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pateei
pateaches
pateou
pateamos
pateastes
patearon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pateara
patearas
pateara
patearamos
patearades
patearan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
patearei
patearás
pateará
patearemos
patearedes
patearán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
patearía
patearías
patearía
pateariamos
pateariades
patearían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
patee
patees
patee
pateemos
pateedes
pateen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
patease
pateases
patease
pateasemos
pateasedes
pateasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
patear
pateares
patear
patearmos
pateardes
patearen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
patea
-
-
pateade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
patear
pateares
patear
patearmos
pateardes
patearen
Xerundio pateando
Participio pateado
pateada
pateados
pateadas