1 patexo

1 patexo
Nome científico: [Polybius henslowi, Fam dos portúnidos]
s m [ANIMAL]

Crustáceo decápodo, de pequeno tamaño e cor vermella. A cuncha é máis larga ca longa, o primeiro par de patas ten pinzas e os outros pares de patas son aplanadas e lanceoladas nos extremos, especialmente o último par. O macho diferénciase da femia por ter o abdome triangular, xa que na outra é máis arredondado. É bentónico, peláxico e bo nadador.

Sinónimos

Palabras veciñas

patetismo | patexar | patexeira | 1 patexo | 2 patexo -xa | Pathānkot | Pathé