Patito Feo, El
Patito Feo, El
[PUBLIC]
Revista editada en Ferrol a partir de 1982. Dirixida por Juan J. Ruiz Varela, foi unha das publicacións que modernizaron a banda deseñada galega a principios da década de 1980, xunto con Fat City, e protagonizou o que se deu en chamar a “movida Ferrol”. Incluíu debuxos e ilustracións de banda deseñada de Eduardo Galán Dudi, entrevistas a coñecidos personaxes da política e da cultura, e artigos en que se analizaban diversos temas, sempre desde unha perspectiva de crítica, especialmente en todo o relativo á OTAN e ao imperialismo estadounidense.