patria

patria

(

  1. s f

    Terra ou país onde se nace.

  2. s f [POLÍT]

    Concepto de nación ou unidade espiritual coa que se senten identificados os que naceron nunha colectividade determinada ou forman parte dela. O termo confúndese a miúdo co de estado-nación. Empregado orixinalmente como sinónimo de nación, no inicio do s XXI está desacreditado politicamente polas súas connotacións bélicas, totalitarias e racistas.

  3. patria celestial [RELIX]

    Ceo ou morada de Deus.

  4. patria potestade [DER]

    Obriga que teñen o pai e a nai de velar polos fillos, telos na súa compaña, alimentalos, procurarlles unha íntegra e plena formación, e representalos e administrar os seus bens durante a súa minoría de idade e sempre que non estean emancipados ou estea declarada a súa incapacidade.

Refráns

  • A cada cal gústalle máis o seu curral.
  • A terra onde nacín é a mellor para mino
  • Ben está no seu niño o paxaro, como está cada un onde foi nado.
  • Cada un no seu curral nunca se atopa mal.
  • Mellor que onde naces, onde paces.
  • Na súa terra ou o burro fala ou o burro omea.
  • Non con quen naces senón con quen paces.
  • O boi, onde pace; e o home, ohde nace.
  • O home, onde nace; e o boi, onde pace.