patriarcado
(< patriarca)
-
s
m
[RELIX/HIST]
-
Dignidade ou cargo de patriarca.
-
Época e duración do goberno dun patriarca.
-
Territorio sometido á xurisdición dun patriarca. O Concilio de Nicea (325) recoñeceu a tripla xurisdición de Roma sobre Italia, de Alexandría sobre Exipto e Libia, e de Antioquía sobre Asia Menor. O Concilio de Calcedonia (451) sostivo a Palestina en Antioquía para confiala ao patriarcado de Xerusalén e deu ao patriarcado de Constantinopla a xurisdición sobre Asia, Tracia e o Ponto, e así organizou a cristiandade na pentarquía. Os límites actuais dos patriarcados corresponden aínda aos antigos, se ben as diversas escisións crearon un desdobramento de xurisdicións en cada unha das antigas sés patriarcais.
-
-
s
m
[SOCIOL]
Sistema político-xurídico segundo o que os fillos entran a formar parte do grupo ao que pertence o pai e toman nomes, dereitos e poderes que transmiten ao descendente ou descendentes máis inmediatos e directos en liña masculina.