patrística
patrística
(< lat patre)
-
adx
Relativo ou pertencente á patrística.
-
s
f
[RELIX]
Parte da patroloxía que estuda a doutrina dos Santos Padres da Igrexa. Naceu na catequese prebautismal e mistagóxica, da apoloxética e da polémica antiherética, particularmente da necesidade de precisar a doutrina trinitaria, a cristolóxica e a pneumatolóxica, e da exposición ordinaria da Biblia como parte esencial da liturxia.