Patroclo
Patroclo
[MIT]
Heroe da epopea homérica. Fillo de Meneceo e orixinario, probablemente, da Lócrida Opuncia, foi a Tesalia para formarse na arte da guerra con Aquiles, ao que seguiu a Troia. Asasinado por Héitor, Aquiles vingou a súa morte dando morte a Héitor, e fíxolle uns funerais solemnes.