Pattinson, método de
Pattinson, método de
[IND]
Método de obtención da prata a partir de chumbo arxentífero, descuberto polo químico británico Pattinson en 1853 e pouco empregado actualmente. Consiste en fundir o chumbo arxentífero e deixalo arrefriar lentamente, feito que permite separar os cristais de chumbo puro. Repetida a operación varias veces, a prata sepárase da aliaxe final por copelación.