pau
(
-
s
m
Peza de madeira dereita, redonda, dunha certa lonxitude.
Ex: Suxeitou o cartel nos paus da luz.
-
s
m
Calquera tipo de madeira.
Ex: Servíronlle o polbo nun prato de pau.
-
s
m
Golpe que se dá cun pau.
Ex: Deulle dous paus ao burro para que parase quieto.
-
[MAR]
-
s
m
mastro.
-
pau en candea
Mastro dunha embarcación que se atopa en posición perpendicular á liña de flotación.
-
pau maior
Mastro central e máis alto dunha embarcación que sonstén a vela principal.
-
s
m
-
-
s
m
[DER]
Instrumento de suplicio consistente nunha peza de madeira longa plantada na terra, á que se ata, crava ou suspende a persoa que se vai executar.
-
m pl
[HIST/DER]
Pena de corrección instantánea, que se baseaba en golpear o infractor, que estivo en vigor no exército e na mariña española. Suprimiuse no exército en 1834, pero seguiu sendo discrecional na mariña, onde tamén se suprimiu a finais do s XIX.
-
s
m
[DER]
-
s
m
[DEP]
-
Cada un dos postes que forman o marco da portaría en diversos deportes.
-
Instrumento que se emprega para xogar en diversos deportes, como o golf e o polo.
-
-
s
m
Trazo recto dalgunhas letras que sobresaen por arriba ou por abaixo.
-
s
m
[XOGO]
Símbolo que permite vincular cada unha das distintas series básicas da baralla: ouros, copas, espadas e bastos (cartas españolas), e corazóns, diamantes, picas e trevos (baralla francesa).
-
s
m
[HERÁLD]
-
Disposición vertical no escudo dunha serie de pequenas pezas ou figuras.
-
Peza rectangular que se coloca verticalmente no centro do escudo e que ocupa a terceira parte do mesmo.
-
-
pau de san Gregorio
[PLANTA]
Árbore ou arbusto, de ata 15 m de altura, que presenta a cortiza lisa, de cor acastañada escura, follas elípticas, de cor verde escura polo dorso e verde azulada polo envés. As flores son brancas dispostas en acios pendurados. Os froitos son drupas de cor negra, globosas e de sabor agridoce. Distribúese por Europa, Asia occidental, N de África e Siberia. En Galicia está presente nos bosques da metade oriental do país. A madeira é branda, de textura fina e emprégase en ebanistaría. Cultívase como ornamental e tamén foron seleccionados certas variedades hortícolas. OBS: Tamén se denomina árbore da rabia.
Frases feitas
-
A paus. Con violencia.
-
Dar a alguén polo pau. Satisfacer a alguén.
-
Ser do pau. Ser de familia.
-
Ser un santo de pau. Ser boa persoa.