paúl -la

paúl -la

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos membros da Congregación da Misión, fundada por san Vicente de Paúl, ou á súa comunidade relixiosa.

  2. s

    Membro da Congregación da Misión (CM), fundada en París por san Vicente de Paúl en 1625 e aprobada por Urbano VIII en 1633. A súa finalidade foi a de evanxelizar os pobres, especialmente campesiños, fundar e dirixir seminarios, asociacións sacerdotais, misións estranxeiras, exercicios espirituais e dirixir as fillas da caridade. En España tivo como casa central a de Barcelona ata 1828 e desde entón a de Madrid. En 1902 a provincia de España dividiuse nas de Barcelona e Madrid, e esta, en 1969, nas de Madrid, Salamanca e Zaragoza.