Paulo de Tebas, san o Ermitán

Paulo de Tebas, san o Ermitán

(Tebas 229? - 343?) Relixioso. Está considerado, tradicionalmente, o primeiro ermitán, pois retirouse ao deserto durante a persecución de Decio. A única fonte biográfica sobre el é a Vita Pauli de Xerome, réplica da Vita Antonii de Atanasio. Segundo esta, foi compañeiro de santo Antón Abade e morreu aos 113 anos. Represéntase como un vello e porta palmeira, cranio, disciplinas e un corvo, que o alimentou durante sesenta anos. A súa festividade celébrase o 15 de xaneiro.

Palabras veciñas

Paulo da Cruz, san | Paulo de Samosata | Paulo de Tarso san | Paulo de Tebas, san o Ermitán | Paulo Diácono | Paulo I de Grecia | Paulo I de Rusia