Pax Romana

Pax Romana

Organización internacional impulsada desde Suíza, España e Países Baixos que agrupa a estudantes e intelectuais católicos con vista á difusión da mensaxe cristiá. Orixinouse nas reunións de estudantes promovidas por G. de Montenach e A. de Mun (1887). A fundación oficial tivo lugar en Friburgo (Suíza) en 1921, co nome de Asociacións Nacionais dos Universitarios Católicos. Foi continuadora da Auxilium Studiorum, que axudara aos estudantes católicos vítimas da Primeira Guerra Mundial (1914-1918), e organizouse, en 1946, en dúas ramas autónomas: Movemento Internacional dos Estudantes Católicos (MIEC) e Movemento Internacional dos Intelectuais Católicos (MIIC).

Palabras veciñas

pavuxada | pavuxar | Pax Christi | Pax Romana | paxá | Paxames | paxara