Paxillus
Paxillus
[FUNGO]
Xénero de fungos, da familia das paxiláceas, que presentan sombreiro convexo e láminas desiguais e de cor amarela tirando a parda. Non son aptas para o consumo pois provoca intoxicacións que poden ser mortais. En Galicia atópanse diversas especies como P. involutus, baixo calquera tipo de árbore, e P. panuoides, sobre madeira podre de coníferas.