Pebsa
Empresa do sector pesqueiro con factoría na Coruña. A súa orixe remóntase á sociedade Industrias Marítimas Españolas Sociedad Anónima, creada en Salamanca en 1938. En 1944 chegou a un acordo con ASTANO para acelerar a construción dos arrastreiros. En 1960 entrou en funcionamento a factoría de procesamento da Coruña e a finais da década entrou en crise. En 1973 fusionouse con Agrupación Pesquera Coruñesa SA (Agrupesca) e, intregrada en Pleamar, construíu buques conxeladores de captura do atún. Non obstante, a situación económica non mellorou e a actividade centrouse na factoría, reestruturada en 1987. Incorporou a sociedade Varaderos Cercagrande SA e en 1988 fusionouse con SA Pesqueira Industrial Gallega (Sapig). Coa crise do sector, declarou a suspensión de pagos e en 1992 cesou a súa actividade.