pechenego -ga
pechenego -ga
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo pechenego.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo pechenego.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo tártaro de raza mongoloide, que no s IX se estableceu na beira occidental do Mar Negro. Dedicábanse á cría de gando e eran comerciantes. Ademais exerceron de mediadores entre Rusia, Bizancio e o Oriente. Constituíron unha ameaza constante para o Imperio Bizantino e foron practicamente exterminados por Aleixo I Comneno (1091) e por Xoán II (1122).