pedra

pedra

(

    1. s f [XEOL]

      Corpo mineral sólido e duro, de composición moi variable, non metálico, pero que contén sales e óxidos metálicos, aos que se debe a súa coloración, que pode ser moi variada, e que constitúe as rochas. Adóitase designar mediante unha especificación as diversas variedades, así, fálase de pedras calcarias, cuarzosas ou silíceas entre outras.

    2. pedra córnea [MINERAL]

      ariedade de xaspe, opaca e de brillo córneo, que se presenta en nódulos nas calcarias, pórfiros cuarcíferos e traquitas.

    3. pedra de lúa [MINERAL]

      ariedade de ortosa propia de Sri Lanka, constituída por adularia ou sanidina e tamén albina ou plaxioclase, de aspecto lixeiramente leitoso e turbio.

    4. pedra de lume [MINERAL]

      pedernal.

    5. pedra de sangue [MINERAL]

      Variedade de hematites, compacta e de cor.

    6. pedra de sol [MINERAL]

      Oligoclase con interposición de olixisto, que lle dá uns reflexos brillantes. É propia de Tvedestrand (Noruega).

    7. pedra de xabón [MINERAL]

      saponita.

    8. pedra do Amazonas [MINERAL]

      amazonita.

    9. pedra imán [MINERAL]

      magnetita.

    10. pedra oleira [MINERAL]

      ariedade de talco, propia de Galicia, que se emprega para facer olas e outros vasos.

    11. pedra pómez [MINERAL]

      Pedra volcánica esponxosa e lixeira, de natureza ácida, que constitúe a parte superior das lavas volcánicas. Emprégase para puír e limpar superficies.

      Sinónimos: pumicita.
  1. s f

    Anaco dese mineral.

    Ex: Tiráballe pedras ao tellado.

  2. [CONSTR]
    1. s f

      Anaco de materia mineral de certo tamaño, desprendida naturalmente dunha rocha, ou sacada artificialmente, empregada xeralmente en construción.

    2. pedra artificial

      Bloque de formigón de constitución axeitada para que, polo menos unha das súas caras, presente, unha vez pulida, un aspecto semellante a unha pedra natural.

  3. s f

    Peza pequena cilíndrica que está formada por unha aliaxe de ferro e cerio que produce a chispa nos acendedores de acendido por chispa.

    1. s f

      Moa do muíño.

    2. pedra billeira

      Pedra sobre a que se coloca a buxa.

  4. s f

    Lousa que cobre unha sepultura.

  5. s f

    Cálculo que se fai nos riles, na vexiga da urina, nas vías urinarias ou na vesícula biliar.

  6. s f

    Precipitación en forma de sarabia grosa.

    Sinónimos: pedrazo.
  7. s f

    Sarrio que se acumula nos dentes.

  8. s f [BOT]
  9. s f

    Anaco dunha substancia sólida e dura.

    Ex: Colleu dúas pedras de azucre para o café. Pediu unha pedra de xeo para o té.

  10. s f [IND]

    Partícula de materia sólida non cristalizada que queda englobada nun vidro e que adoita consistir en algunha impureza da mestura ou nalgún fragmento dalgún elemento do forno desprendido antes da súa solidificación total.

  11. pedra angular
    1. Cada unha das pezas que fan de unión das dúas paredes que forman unha esquina.

    2. Parte esencial ou fundamental de algo.

  12. pedra da gadaña

    Pedra para afiar a gadaña.

  13. pedra de abalar [ETN]

    pedra de abalar.

  14. pedra de afiar/amolar

    Pedra natural ou artificial que se emprega para afiar instrumentos e ferramentas de corte.

  15. pedra de raio [ARQUEOL]

    ceraunia.

  16. pedra de toque
    1. Pedra silícea negra que se emprega para probar o grao de pureza dos metais, xeralmente o ouro e a prata. Analízase a raia que estes metais lle imprimen por fretamento á pedra, no ensaio denominado toque.

    2. Cousa que serve para probar a autenticidade doutra.

  17. pedra filosofal

    pedra filosofal.

  18. pedra formosa [PREHIST]

    Construción de gran tamaño de época castrexa. Ten forma pentagonal e adáptase á estrutura do edificio ao que pertence, cunha pequena abertura na parte superior. Están talladas con motivos ornamentais e o seu nome procede do primeiro exemplar descuberto no castro de Briteiros. A área de distribución esténdese polo norte de Portugal, o occidente de Asturias e Galicia. En Galicia destacan os atopados no lugar de Armeá en Augas Santas (Allariz) e en Espasante (Ortigueira).

  19. pedra litográfica [GRÁF]

    Pedra calcaria compacta sobre a que se realizan debuxos litográficos e que serve de molde para estampacións litográficas.

  20. pedra preciosa

    Pedra dura, transparente e de gran valor que, unha vez tallada se emprega en xoiaría. Tamén se denomina pedra.

Frases feitas

  • Abrandar as pedras. Producir unha gran compaixón.

  • Quedar/Deixar de pedra. Quedar turbado ou paralizado ante algo ou alguén.

  • Ser de pedra. Ser insensible.

  • 2 Ter relacións sexuais con alguén.

  • Arrincar as pedras cos dentes. Realizar un esforzo moi grande.

  • Durmir como unha pedra. Durmir dunha maneira moi profunda.

  • Duro como unha pedra. Moi duro.

  • Facer chorar unha pedra. Producir un gran sentimento de pena.

  • Menos dá unha pedra. Expresión que indica que alguén se conforma con algo aínda que non sexa o esperado.

  • Non deixar/quedar pedra sobre pedra. Destruír todo.

  • Pasar pola pedra 1 Obrigar a alguén a facer calquera cousa.

  • Poñer a primeira pedra. Inagurar unha obra.

  • Ser a pedra da paciencia. Ser resignado.

  • Tirar a pedra e esconder a man. Producir un dano ou prexuízo e tratar que non se saiba.

  • Tirar a primeira pedra. Ser o primeiro en realizar unha acusación.

Refráns

  • A pedra andando non cría musgo.
  • A pedra que roda non colle musgo.
  • As pedras, unhas con outras, é como se atopan.
  • O pau e a pedra no camiño medran.
  • Pedra contada, nunca gañada.
  • Pedra santa; que de seu anda.