Pedra, casa da

Pedra, casa da

Construción situada en Leirado (Quintela de Leirado). Ten planta en forma de U cun corpo lateral con dúas garitas, que é a parte máis antiga da construción. Destaca a solaina. Nas proximidades atópase unha capela de boas proporcións con dous escudos no frontispicio, que fan referencia aos Salgado.