Pedra do Destino

Pedra do Destino
[MIT]

Pedra sobre a que Xacob soñou coa escada que chegaba ao ceo, no Antigo Testamento, e sobre a que verteu aceite ao acordar. Segundo a lenda irlandesa, Xacob levou a pedra a Exipto, onde pasou ás mans de Haythekes, quen a trouxo ao noroeste de Hispania, onde fundou un reino con capital en Brigantium. A pedra serviu de trono aos seus descendentes, sobre a que eran coroados. Simón de Brec levouna a Tara, capital dun dos cinco reinos de Irlanda, poboada por descendentes de galegos, os Scot (escoceses). Tras a unificación de Irlanda por parte de Fergus, a pedra serviu de trono, e logo pasou a Escocia, de onde foi tomada polo inglés Eduardo I do mosteiro de Scone, para asentarse en Westminster, incorporada á cadeira gótica na que se coroan os reis ingleses. Se o rei non é lexítimo, di a lenda que a pedra “berra”. Foi devolta a Escocia en 1996.