Pedra Moura, dolmen de
Pedra Moura, dolmen de
Dolmen situado en Carnés (Vimianzo). Sufriu importantes alteracións e está constituído por unha cámara poligonal de cinco lousas, que no seu interior conserva caídos dous dos ortóstatos da cuberta, e por un corredor curto, de aproximadamente 4 m de lonxitude. Moi preto deste monumento identificouse outra mámoa.