Pedraza, San Lourenzo de

Pedraza, San Lourenzo de

Capela situada en Pedraza (Monterroso). De orixe románica, sufriu importantes reformas entre os ss XVIII e XIX. Ten planta de cruz latina con ábsida rectangular e coa sancristía acaroada. Destaca a fachada cunha porta con arco de medio punto. A torre-campanario remata en espadana de dous corpos e un van, con escaleiras de acceso desde o exterior. No muro norte conserva cinco canzorros da construción románica orixinal.

Palabras veciñas

Pedras, outeiro das | Pedrayo Valencia, Manuel | Pedraza | Pedraza, San Lourenzo de | Pedrazas | pedrazo | Pedre