Pedreira, pazo de

Pedreira, pazo de

Construción situada en Sisán (Ribadumia). De planta rectangular, ten unha fachada anterior con dous balcóns de pedra e unha fornela coa Virxe da Anunciación entre ambos os dous, debaixo da que se abre a porta principal. Á dereita da fachada principal destaca unha especie de torre ameada e unha gran cheminea situada nun dos ángulos. Ten un patio-xardín cun portalón con arco de medio punto na parte central sobre o que hai un reloxo de sol.