pedrón
pedrón
(< pedra)
-
s
m
Pedra de gran tamaño.
Sinónimos: pedrolo. -
s
m
-
Pedra posta na terra para soster un altar ou unha cruz.
-
Cruz de ferro ou pedra pousada sobre un piar ou unha pequena mesa de pedra onde os sacerdotes ían bendicir o termo coa veracruz pola festa da Santa Cruz de Maio e a de Setembro, despois da misa matinal, para demandar a protección celestial sobre as colleitas. Atópase ante as igrexas ou capelas e, a miúdo, nos camposantos.
-
-
s
m
[HIST/ARTE]
Columna ou piar gravado cunha inscrición recordatoria dalgún feito memorable.