Pegullal, pazo de
Pegullal, pazo de
Construción situada en Salceda de Caselas. Ten forma de U con dous andares, que se comunican por unha escaleira cunha solaina con balaustrada. Destaca a porta de entrada ao predio, flanqueada por dous cubos, con cruces sobre remates semiesféricos, e o escudo de armas dos Correa. Nos arredores conta cun hórreo e unha capela de planta rectangular.