pel
(< lat pelle)
-
s
f
[BIOL/FISIOL]
Tegumento resistente e flexible que recobre a superficie do corpo e que continúa, nos orificios naturais, coas mucosas que tapizan os sistemas respiratorio, dixestivo e xénito-urinario. Está constituída por unha capa epitelial ectodérmica, a epiderme, e unha capa mesodérmica, a derme ou corion cutáneo.
-
s
f
-
Pel dun animal separada do corpo, especialmente a non curtida de animais pequenos coma os coellos, as ovellas, as cabras, os réptiles, os porcos e os paxaros, ou de animais grandes que non chegaron á madurez, coma os tenreiros e os poldros, e a curtida de animais pequenos destinada a ser usada en confección, en peletaría, na fabricación de luvas e, como pel fina, en zapataría.
-
Pel de animais salvaxes ou de cría, curtida pola cara oposta á da pel ou da la, pero que conserva o pelo ou a la naturais do animal, e que está destinada xeralmente á fabricación de roupa de abrigo, de alfombras e de adornos.
-
Porción de pel que se destina á elaboración dalgunha cousa.
-
-
s
f
1 pela.
-
s
f
Tea similar á pel.
-
pel de galiña
[FISIOL]
Pel que sofre a erección dos folículos pilosos, que forman pequenas eminencias cónicas por contracción das fibras lisas. Prodúcese espontánea e transitoriamente por unha impresión de frío, de emoción, de estremecemento ou por outras causas.
-
pel vermella
[ANTROP/FISIO]
Nome que os europeos lles deron aos individuos de tribos amerindias que ocupaban os bosques de Canadá, a conca do Mississipi e a península de Florida, polo costume de pintar a cara con cores vermellas.
Frases feitas
-
Arriscar/Xogar a pel. Pórse en perigo.
-
Estar/Pórse na pel de. Pórse na situación ou no lugar de alguén.
-
Ir á pel. Bater a alguén.
-
Salvar a pel. Salvar a vida ou saír airoso dunha situación comprometida.
-
Verse na pel da burra. Verse nunha situación moi comprometida.
Refráns
- A oveIla e a abeIla polo abril deixan a pelexa.
- Non bai branca sen cbata nin morena sen gracia.
- Raia pescada en xaneiro sabe a carneiro.
- Sábalo despois de maio, quenturas para todo o ano.