Pelagia

Pelagia
[ANIMAL]

Xénero de cnidarios, da familia dos ulmáridos, que presentan a fase medusa transparente, con manchas de cor amarela avermellada, con catro brazos arredor da boca e oito tentáculos máis delgados e máis longos ca os brazos. Emite luz durante a noite cando a molestan e pode producir graves picaduras. A especie P. noctiluca vive no Atlántico e no Mediterráneo.