Pelecanus

Pelecanus
[ANIMAL/ORNIT]

Xénero de aves, da familia dos pelecánidos, que carecen de dimorfismo sexual, agás polo tamaño. Teñen a plumaxe de cor branca, coas ás moi desenvolvidas, longas e anchas, e flexibles nos extremos, e mantéñenas impermeables grazas ao aceite da glándula do uropixio situada preto da cola. Tamén posúen unha bolsa flexible no peteiro onde depositan os peixes que pescan, e as patas curtas e fortes. Son voadoras e boas nadadoras. Existen especies sedentarias, e outras migratorias, en función das chuvias e da abundancia de alimento. Das principais especies deste xénero destaca P onocrotalus, que habita nas marismas, nos lagos e nas ribeiras mariñas do SL de Europa ata China e África oriental. P. rufescens e P. roseus habitan en África, e P. erythorhynvhos e. P occidentalis en América.