Peloponeso, Guerra do

Peloponeso, Guerra do

Conflito bélico que, segundo Tucídides, foi suscitado polo inmenso poder do imperio ateniense, e enfrontou durante vinte e oito anos a Atenas e os seus aliados coa Liga do Peloponeso. As causas foron a competencia comercial de Atenas con Corinto e Megara, e a existencia de sistemas políticos completamente opostos en ambos os dous bandos. Atenas favorecía a causa democrática, e Esparta os aristócratas terratenentes. A causa inmediata que provocou a guerra foi un incidente entre Corinto e a súa antiga colonia Corcira, que buscou a axuda dos atenienses (435 a C). A sorte pareceu decantarse cara ao lado ateniense ata que no 424 o espartano Brásidas obrigou o xeneral ateniense Nicias a asinar a paz por un período de cincuenta anos. O tratado provocou unha nova serie de combinacións políticas, ata que, en 418, os espartanos derrotaron os aliados de Atenas na Batalla de Mantinea. Os lacedemonios derrotaron definitivamente os atenienses en Egospotamos e instalaron en Atenas o goberno oligárquico dos Trinta Tiranos.

Palabras veciñas

peloplocáceo -a | Peloponeso | peloponeso -sa | Peloponeso, Guerra do | Peloponeso, Liga do | peloria | pelosiña