Pena de Ouro, pazo de
Pena de Ouro, pazo de
Construción situada no Obre (Noia). Data de principios de 1900 e aproveitou materiais e elementos doutras épocas. Na fachada ten dúas torres de planta cadrada entre as que se dispón a fachada. Nun patio consérvase o claustro románico do antigo mosteiro de San Xusto de Toxos Outos (Lousame), que foi trasladado en 1920. O seu estilo imita a arquitectura barroca compostelá. Aínda que existen referencias documentais do s XVI, o seu estado actual débese aos vizcondes de San Alberte.