Penedo, pazo do
Penedo, pazo do
Construción situada en Couso de Limia (Sandiás). Está formado por dous edificios anexos construídos en diferentes épocas, un a mediados do s XVI e outro cara a 1758. Presentan planta baixa e primeiro piso, e o máis antigo ten un patio interior. Ten unha capela separada da edificación, datada en 1670.