penitenciario -ria
penitenciario -ria
(< penitencia)
-
adx
Relativo ou pertencente á pena ou ao penal.
-
s
m
[RELIX]
Cóengo de oficio dos capítulos das catedrais e anteriormente tamén das colexiatas, que ten como obriga escoitar as confesións dos fieis, con potestade de absolver os pecados e censuras reservadas ao bispo. Foron creados polo Concilio IV do Letrán (1215) e o Concilio de Trento regularizou a súa función.
-
penitenciario maior
[RELIX]
Cardeal que preside a penitenciaría.