pensión
(< lat pensiōne)
-
[DER]
-
s
f
Cantidade que se cobra periodicamente do estado ou dunha institución ou organismo, polo feito de prestar un servizo, ou determinada pola morte dun familiar (viuvez ou orfandade) ou por unha diminución física ou psíquica permanente (incapacidade ou invalidez) ou por xubilación.
-
pensión alimenticia/de alimentos
Cantidade que por convenio ou por sentenza se lle paga a alguén que, por imposición legal, se lle debe prestar alimentos.
-
pensión compensatoria/matrimonial
Cantidade que ten dereito a percibir o cónxuxe ao que a separación ou divorcio produce un desequilibrio económico.
-
pensión contributiva
Prestación económica outorgada polo Instituto Nacional de la Seguridad Social. A súa concesión está xeralmente supeditada a unha previa relación xurídica coa seguridade social, sempre que se cumpran certos requisitos esixidos, como un período mínimo de cotización. Divídense en pensións de xubilacion, de incapacidade permanente e de falecemento.
-
pensión non contributiva
Prestación de carácter económico, de asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos sociais complementarios, para cidadáns en situación de xubilación, invalidez ou estado de necesidade aínda que non cotizasen suficientemente ao Instituto Nacional de la Seguridad Social para ter dereito a unha pensión contributiva. Divídense en pensión non contributiva de invalidez e de xubilación.
-
s
f
-
s
f
Cantidade que se asigna a alguén para ampliar estudos ou estimular o coñecemento científico, artístico ou literario.
-
-
s
f
Establecemento público destinado á hospedaxe, de categoría inferior ao hotel.
-
s
f
Casa de hóspedes modesta.
-
s
f
Cantidade de diñeiro que se paga pola hospedaxe e a manutención.
-
media pensión
Hospedaxe que dá dereito ao aloxamento, ao almorzo e a unha das outras comidas fortes do día (xantar ou cea).
-
media pensión
Hospedaxe que nun establecemento educativo dá dereito ao ensino e ao xantar.
-
pensión completa
Hospedaxe que dá dereito ao aloxamento e a todas as comidas do día.
-
s
f
-
s
f
Renda ou canon anual que se impón sobre unha propiedade.