péntathlon
(< lat pentăthlu < grπένταθλον)
-
s
m
[HIST/DEP]
Conxunto de cinco probas (carreira, salto de lonxitude, lanzamento de disco e de xavelina e loita) disputadas por un mesmo atleta na antiga Grecia.
Sinónimos: péntatlon. -
s
m
[DEP]
Conxunto de cinco probas atléticas que se disputan nun só día, formado por 200 e 1.500 m lisos, salto de lonxitude e lanzamento de disco e xavelina. Cada marca alcanzada polo atleta transfórmase nun número determinado de puntos, e a suma destes determina a clasificación final.
Sinónimos: péntatlon. -
péntatlhon moderno
[DEP]
Conxunto de cinco probas deportivas, disputadas durante cinco días, unha proba por xornada. Comprende equitación (800 m montados sobre un cabalo descoñecido para o xinete), esgrima (cinco asaltos contra cada participante), tiro con pistola (20 disparos de velocidade, a 25 metros, en 5 series), natación (50 m en estilo libre) e atletismo (carreira de cross de 4 km). Presentouse por primeira vez nos Xogos Olímpicos de Estocolmo (1912).