pentosa
pentosa
(
-
s
f
[BIOQ]
Monosacárido de cinco átomos de carbono. Son sólidos brancos, cristalinos e solubles en auga, e pódense dividir en aldopentosas e cetopentosas.
-
ciclo das pentosas/da pentosa-fosfato
[FISIOL]
ía oxidativa, posible en animais e vexetais, que permite obter enerxía a partir da glicosa, con gasto de osíxeno, mediante dúas deshidroxenacións e unha descarboxilación, que conduce á formación de ribulosa-5--fosfato. A oxidación dunha molécula de glicosa esixe seis voltas de ciclo, e forma 12 moléculas de NADH 2 que, se continúa oxidando ata dar auga e NADP, conduce á síntese de 36 moléculas de ATP. Considerando que as reaccións son reversibles, pode ter lugar tamén en sentido inverso, conducindo á síntese destas substancias intermediarias sen desprendemento de osíxeno (vía non oxidativa).