peptidase

peptidase

(< péptido + -ase ‘enzima’)

s f [BIOQ]

Protease que pode hidrolizar enlaces peptídicos a partir dun extremo na cadea dun péptido, para liberar os aminoácidos terminais (exopeptidase). Clasifícanse en carbopeptidases, que actúan especificamente sobre a terminación carboxílica da cadea e se localizan no intestino delgado; aminopeptidases, que o fan sobre a terminación dunha amina; e dipeptidases, que soamente hidrolizan dipéptidos. As dúas últimas atópanse na mucosa intestinal.

Palabras veciñas

pepsinóxeno | pept(o)- | péptico -ca | peptidase | peptídico -ca | péptido | peptidoglicano