pércido -da
pércido -da
(< lat científico Perca)
-
adx
Relativo ou pertencente aos pércidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos pércidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes actinopterixios da orde dos perciformes, provistos de dúas aletas dorsais, a anterior con nove raios espiñosos, os flancos prateados e a vexiga natatoria sen comunicación co intestino. Habitan en augas doces e salgadas do hemisferio norte.