percusión
(< lat percussiōne)
-
s
f
Acción de percutir.
-
s
f
[MED]
Método de exploración clínica que consiste en provocar certos sons dando golpes cos dedos ou cun instrumento especial, nunha rexión do corpo, co fin de coñecer o estado das vísceras subxacentes.
-
s
f
[MÚS]
Conxunto de instrumentos que producen o seu son grazas ao choque entre un percusor (mazas, baquetas, mans, etc) e unha superficie de membrana, metal ou madeira. Os instrumentos de percusión pódense clasificar en instrumentos dun son determinado (timbais, celesta, xilófono, campás, etc), dun son indeterminado (bombo, pandeireta, pandeiro, etc), e de metal percutido (triángulo, pratos, gongs, etc).
-
s
f
[BÉL]
Operación de funcionamento dunha arma de fogo que consiste en que o percusor, despois de ser liberado do resorte que o retén, golpee o estopín ou fulminante do cartucho e provoque a detonación que transmite o fogo á carga de proxección.
-
coeficiente de percusión
[TECNOL]
No estudo do choque entre dous corpos, cociente entre a velocidade relativa que levan despois do choque e antes do choque. Nun choque perfectamente elástico o coeficiente de percusión vale 1, e nun choque totalmente inelástico vale 0.