Pereiriña, pazo da
Pereiriña, pazo da
Construción situada en Moreiras (Toén). Foi edificado sobre un forte desnivel do terreo que se salvou cun muro de contención. De planta rectangular, ten dous andares. O acceso ao piso superior realízase por unha escaleira en forma de L que se localiza no patio. No patio ergueuse unha capela, un hórreo e a casa dos caseiros. Non ten pedra de armas.