período
(
-
-
s
m
Espazo de tempo limitado e determinado polo acontecemento dun fenómeno.
Ex: Comezaron o período vacacional. Xa pasou o período das chuvias. Atravesan un período de crise económica. Comezou o período de instrución militar.
-
período de sesións /
[DER/POLÍT]
Período de tempo anual en que legalmente se pode reunir un parlamento. Nos períodos de inactividade parlamentaria, a continuidade funcional garántese mediante a deputación permanente e coa posibilidade de convocar reunións extraordinarias do pleno.
-
período electoral /
[DER/POLÍT]
Tempo en que a lei prevé a presentación de candidatos ata a súa proclamación, rematadas as eleccións.
-
s
m
-
[FÍS]
-
período radioactivo/semidesintegración
Tempo T necesario para que se desintegren a metade dos núcleos dunha substancia radioactiva. Expresada por T = 0,693/ë, en que ë é a constante radioactiva. Cada núcleo ten un período que lle é característico.
Sinónimos: semivida. -
s
m
Tempo T, característico de calquera movemento periódico, que transcorre entre dous estados de movemento consecutivos e equivalentes. É o inverso da frecuencia e, ademais, no caso dun oscilador harmónico, relaciónase coa pulsación ù para a fórmula T = 2ð/ù.
-
período radioactivo/semidesintegración
-
s
m
[FISIOL]
menstruación.
-
s
m
[PAT]
Fase distinta no curso dunha enfermidade ou proceso.
-
s
m
[ESTRATIG]
Unidade xeocronolóxica de rango superior á época e inferior á era.
-
s
m
[LING]
Serie de oracións xustapostas ou coordinadas que vai desde unha pausa plena a outra.
-
s
m
[MAT]
Número característico de cada fracción periódica ou ben de cada función periódica.
-
s
m
[MÚS]
Unidade diferencial dunha composición musical, formada habitualmente por dúas fases de catro compases cada unha; algunhas veces este número de compases pode variar ou duplicarse.
-
s
m
[QUÍM]
Cada unha das fileiras horizontais da táboa periódica dos elementos. Considérase que un período comeza co elemento que incorpora o primeiro electrón correspondente a unha capa cuántica principal e acábase co que incluíu o electrón que completa o octeto correspondente nesta capa, excepto no caso do primeiro período, o que, polo feito de conter unicamente un orbital s, está integrado por dous elementos, o hidróxeno e mais o helio.
-
período de identidade
[FÍS]
Período relativo aos intervalos de repetición específica para cada unha das direccións da estrutura reticular paralelepipédica dos edificios cristalinos. Representa a distancia entre os nós sucesivos de cada fila.
-
período dun reactor
[FÍS]
Tempo necesario para que a densidade espacial de neutróns dun reactor nuclear sexa multiplicada ou dividida polo número e.