peripatetismo

peripatetismo

(< peripatético)

s m [FILOS]

Conxunto doutrinal bastante heteroxéneo propio da escola do Liceo, que fundou Aristóteles e recibiu o nome de ðåñίðáôïò (paseo) polo feito de que moitas leccións dábanse paseando ou quizais, simplemente, nunha galería. A tónica dominante dos primeiros peripatéticos foi o desenvolvemento do empirismo aristotélico e a investigación científico-positiva. Destacaron Teofrasto, Aristoxeno, Dicearco de Messina, Demetrio de Faleron e Estratón o Físico. A escola sufriu posteriormente unha profunda decadencia, que superou no s I con Andrónico de Rodas, que abriu un último período moi rico en comentaristas do corpus aristotélico, como Alexandre de Afrodisia.

Palabras veciñas

periostose | perióstraco | peripatético -ca | peripatetismo | peripecia | periplasma | periplo