perla
(< lat v *pernŭla‘ostra’)
-
-
s
f
Formación natural segregada, accidentalmente e sen ningún tipo de intervención humana, no interior dos moluscos, principalmente no de certas especies de ostras. Componse de materia orgánica e de carbonato cálcico disposto en capas concéntricas. Empregadas en xoiaría, a súa calidade depende do tamaño, a forma, a cor ou o brillo.
-
perla cultivada
Formación perlífera, provocada polo home, obtida no interior de moluscos produtores, e que presenta as mesmas propiedades das perlas naturais.
-
s
f
-
s
f
Esfera pequena dunha substancia química ou medicinal.
-
s
f
Persoa ou cousa que se considera perfecta, excelente ou moi valiosa.
-
adx e s
f
Aplícase á cor entre branca e gris clara, semellante á dunha perla.
-
s
f
[ARQUIT]
Cada un dos adornos cortados en ringleira, ao xeito de cuncas esféricas, nunha moldura.
-
s
f
[GRÁF]
Tipo de letra de catro puntos.
-
s
f
[HERÁLD]
Peza heráldica que ten a forma dun y. As súas ramas tocan nos ángulos superiores do escudo e a base na punta, situándose o centro no corazón do escudo.
-
ensaio á perla
[QUÍM]
Tipo de ensaio por vía seca baseado no feito de que determinadas substancias fundidas no extremo dun fío de platino forman perlas que toman diferentes cores segundo a natureza do catión que se quere analizar, que se une en pequenas cantidades, e segundo o carácter oxidante ou redutor da chama empregada. As perlas poden ser de tipo ácido ou básico. As ácidas obtéñense con bórax e sal de fósforo. As perlas de bórax teñen a propiedade de formar metaboratos volátiles con moitos óxidos metálicos, segundo a reacción Na 2 B 4 O + MO D M(BO 2 ) 2 + 2NaBO 2 . As perlas de sal de fósforo baséanse na reacción NaPO 3 + MO D MNaPO 4 . As perlas ácidas permiten a identificación da maioría dos metais de transición. Entre as perlas básicas, as máis empregadas son as de carbonato sódico ou potásico, e a súa utilidade está especialmente na identificación do cromo, do magnesio e do vanadio.
-
perla de caverna
[XEOL]
Bóla calcaria branca, que pode chegar a acadar 5 cm de diámetro e que se pode localizar en concrecións de cavidades formadas pola deposición de capas concéntricas ao redor dun pequeno núcleo.