permanganimetría
permanganimetría
(
s
f
[QUÍM]
Método de análise volumétrica de substancias redutoras que fai uso dunha solución colorante de permanganato potásico. A forza oxidante do permanganato en medio fortemente ácido, segundo a semiecuación MnO4- + 8H+ + 5e- ä Mn2+ + 4H2O, E0 = 1,51 V, é suficiente para permitir a determinación de substancias redutoras tales como ferro (II), oxalatos, ferrocianuros, nitritos, sulfitos ou auga osixenada, empregando xeralmente o mesmo reactivo valorante (coloración violeta) como indicador.