Persépolis
Persépolis
Antiga cidade de Persia, capital do Imperio Aqueménida, fundada po Darío I de Persia (500 a C) e ampliada por Xerxes I e Artaxerxes I. Situada na beira do río Pohar, ao NL de Shīrāz. Entre os numerosos edificios destacan a sala do trono, a das 100 columnas, os palacios de Darío e de Xerxes, o tesouro, o xineceo e as tumbas reais, todo recuberto de baixorrelevos. Destruída e incendiada por Alexandre o Grande (331 a C), as ruínas foron escavadas por Herzfeld e E. F. Schmidt (1930-1940). Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1979).