persoal

persoal

(< lat personāle)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente á persoa.

    2. Que é propio e particular dunha persoa.

      Ex: Non tiveron en conta a súa opinión persoal.Cada un ten unha maneira persoal de traballar.

  2. adx

    Que se realiza directamente por unha persoa e non a través dunha representación.

    Ex: Concertou unha entrevista persoal co director.

  3. [LING]
    1. adx

      Que se pode ver afectado pola categoría gramatical de persoa.

    2. pronome persoal

      pronome persoal.

    1. s m

      Conxunto de persoas que traballan nunha empresa. Hai diferentes criterios de clasificación, segundo que faga referencia á súa cualificación (especializado, non especializado), á función específica do seu traballo (manual, administrativo) ou ao lugar xerárquico correspondente (persoal de dirección, de execución e outros).

    2. cadro de persoal

      cadro de persoal.

    3. persoal de administración e servizos [PAS] [DER]

      Personal non docente das universidades públicas, formado basicamente por funcionarios das escalas das universidades e persoal laboral contratado.

  4. adx e s f [DEP]

    Aplícase á falta que en baloncesto comete un defensa ao intentar frear o ataque do contrario.