perturbación
(< latpertubatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de perturbar ou de perturbarse.
-
-
perturbación da orde
[DER]
Acción que tende a impedir o normal desenvolvemento dun acto, dunha cerimonia, do tránsito urbano, etc, entre outros. En España está tipificada como delito en numerosas ocasións.
-
s
f
[PAT]
Alteración ou trastorno (especialmente o provocado), dunha función ou ben do curso dunha enfermidade.
-
s
f
[TECNOL/COMUN]
Alteración que produce un efecto prexudicial no funcionamento dun aparato ou sistema.
-
perturbación atmosférica
[METEOR]
Alteración do estado da atmosfera co paso dunha depresión.
-
perturbación da orde
[DER]
-
s
f
[ASTRON]
Corrección que hai que aplicar á órbita dun planeta ou dun satélite debido a que esta órbita se calculou considerando só o efecto gravitatorio do Sol, prescindindo do efecto gravitatorio dos outros astros.
-
s
f
[MAT]
Modificación dunha determinada función matemática que non ten solución exacta para calcular unha solución aproximada.
-
perturbación mental
[PSIC/DER]
Alienación mental permanente ou transitoria. No dereito penal, pode ser causa de exención de responsabilidade criminal.
-
teoría de perturbacións
[FÍS]
Técnica matemática que permite resolver a dinámica dun sistema aproximando o hamiltoniano mediante un hamiltoniano, suma do libre, e un termo secundario, chamado termo perturbativo.