pesado -da
pesado -da
(< pesar)
-
p reg
de pesar ou pesarse.
-
adx
Que ten moito peso.
Ex: Non collas as maletas máis pesadas, que xa as levo eu.
-
adx
Aplícase ao sono que é intenso e profundo.
Ex: El ten un sono moi pesado.
-
adx
Que esixe moita atención ou que resulta moi traballoso.
Ex: O traballo nesas máquinas é moi pesado.
-
adx
Que é lento nos seus movementos.
Ex: É un animal de movementos pesados.
-
adx e s
Que ou quen causa molestia ou aburrimento.
Ex: Quedei durmida porque a conferencia era moi pesada. Ao lado sentóuselle un pesado que non o deixou ler.
-
adx
Aplícase ao tempo atmosférico húmido e caloroso.
Ex: Con este día tan pesado non apetece facer nada.
-
adx
Que ten unha dixestión lenta e difícil.
Ex: Os garavanzos son moi pesados para cear.