1 pesar

1 pesar

(

    1. v t

      Ter algo ou alguén un peso determinado.

      Ex: O meniño pesou tres quilos e medio cando naceu.

    2. v t e pron

      Determinar o peso de algo ou alguén mediante un instrumento determinado.

      Ex: Pesaron a maleta. Pesouse na báscula.

  1. v t

    Considerar ou analizar a importancia de algo.

    Ex: Pesaremos todas as opcións antes de decidirnos por algo.

  2. v i

    Ter un corpo un peso.

    Ex: Ten coidado coa maleta que pesa.

  3. v i

    Facer algo sentir ou notar o seu peso sobre alguén.

    Ex: Baleirei o bolso porque me pesaba moito.

  4. v i

    Exercer algo unha influencia negativa.

    Ex: As poucas vendas pesaron no peche da fábrica.

  5. v i

    Ser importante ou influente sobre algo ou alguén.

    Ex: Os informes do xerente pesaron favorablemente na súa contratación.

  6. v i

    Ser algo responsabilidade de alguén.

    Ex: Sobre os seus informes pesa a viabilidade ou non do proxecto.

  7. v i
    1. Ser algo motivo de pesar ou preocupación.

      Ex: Pesoulle non pasar pola túa casa para despedirse de ti.

    2. Ser algo motivo de preocupación ou de graves prexuízos para alguén nun futuro.

      Ex: Pesa sobre el unha orde de busca e captura.

Frases feitas

  • Mal que che pese. Aínda que non che guste.

  • Pese a (que) loc conx Introduce unha oración en que se expresa unha dificultade que obstaculiza pero non impide o cumprimento do expresado noutra.

  • Pese a loc prep En contra do que alguén desexa ou da súa vontade.

Palabras veciñas

pesafiltros | pesalicores | pésame | 1 pesar | 2 pesar | pesario | Pesaro
Conxugar
VERBO 1 pesar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
peso
pesas
pesa
pesamos
pesades
pesan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pesaba
pesabas
pesaba
pesabamos
pesabades
pesaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pesei
pesaches
pesou
pesamos
pesastes
pesaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pesara
pesaras
pesara
pesaramos
pesarades
pesaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pesarei
pesarás
pesará
pesaremos
pesaredes
pesarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pesaría
pesarías
pesaría
pesariamos
pesariades
pesarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pese
peses
pese
pesemos
pesedes
pesen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pesase
pesases
pesase
pesasemos
pesasedes
pesasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pesar
pesares
pesar
pesarmos
pesardes
pesaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
pesa
-
-
pesade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pesar
pesares
pesar
pesarmos
pesardes
pesaren
Xerundio pesando
Participio pesado
pesada
pesados
pesadas