peste, La
peste, La
Nome científico:
[A peste]
[LIT]
Novela escrita por Albert Camus en 1947, en que o autor pretende atopar unha resposta clara á inxustiza humana, para o que se serve dunha alegoría, en que unha epidemia substitúe a todas as pragas da época actual, e das que o ser humano é vítima e cómplice. A narración transcorre en Orán, onde se describe con crueza a atmosfera dunha cidade acosada pola peste e as drásticas medidas que se toman para contela; pero, sobre todo, amosa persoas que se aferran aos derradeiros momentos da vida. Nesta obra, Camus cambiou o seu pesimismo cara a un nihilismo que debía ser punto de partida para unha sociedade máis humana, libre e xusta.