Petán, pazo-torre de
Petán, pazo-torre de
Construción situada en Corzáns (Salvaterra de Miño). Construída en cantaría, ten planta en forma de L e leva anexada unha torre de planta cadrada. Provista de vans rectangulares, destaca o portal da entrada e o muro, con remate en pináculos e un escudo.